Monday 29 de April de 2024

A vixésimo terceira edición das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán chega á súa recta final


Nesta última semana do mes de outubro transcorrerán as derradeiras actividades que conforman a programación da vixésimo terceira convocatoria das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán; unha edición que se traduciu nunha ducia de citas coas cales render tributo ao literato.

No venres 29 de outubro terá lugar unha ofrenda cívica onda o monumento de Valle-Inclán situado no Cantón da Leña, ás 13.00 horas, que estará amenizada polo grupo de música tradicional Os Caraveiros, que se encargará tamén de realizar unha ruada por distintos espazos céntricos da vila, a partir das 12.00 horas.

Ademais, nesa mesma xornada, ás 20.00 horas, Tatana Teatro representará Los cuernos de don Friolera (1921) no Elma.

E, por último, Teatro En Punto procederá nas inmediacións do adro do Castelo, ás 20.00 horas do sábado 30, co espectáculo Palabras en Pedra, baseado en Mi hermana Antonia, El marqués de Bradomín e La lámpara maravillosa.

Para estas dúas últimas propostas á preciso formaliza-la reserva a través do enderezo electrónico museo.valleinclan@apobra.gal ou dos teléfonos de contacto 981831662 e 681173484. A entrada é de balde e seguiranse as medidas establecidas por mor da COVID-19.